Skip to main content
ActualidadeAlfoz

O IV Maratón de pintura de Alfoz terá lugar o sábado 27 de xullo

Por 31 Maio, 2019Sin comentarios

O IV Maratón de pintura de Alfoz terá lugar o sábado 27 de xullo.
Poden participar todos os pintores que o desexen, existindo unha categoría infantil (ata 16 anos) e outra senior.
A temática será referida ao concello de Alfoz. A técnica e as medidas dos traballos serán libres, e os participantes deberán aportar o material utilizado, admitindo calquera tipo de soporte (lenzo, papel, cartón,…) con fondo branco.
As inscricións deberán facerse no Castelo do Castrodouro a través do correo electrónico turismo@concellodealfoz.com, ou de forma presencial o mesmo día do maratón de 9:00 a 11:00 horas.
Ademáis poderase desfrutar en directo dunha demostración de acuarela por parte do pintor Juan Ramón Alves, gañador das dúas últimas edicións do Maratón de Pintura de Alfoz.