Skip to main content
ActualidadeCervo

Nace Campus Voley Entrenós en Cervo

Por 5 Xuño, 2019Sin comentarios

Nace Campus Voley Entrenós como un novo campus con identidade propia, da man do Club Voleibol Emeve. Estará impartido polo corpo técnico do devandito club e con xogadores que compartiran as súas experiencias nun dos clubles máis importantes a nivel nacional do voley.
O Campus Voley Entrenós é un campus que ademais do fortalecemento dos coñecementos no voley, trata de axuntar convivencia diaria cos xogadores profesionais que transmitirán a súa experiencia aos participantes.
É un campus que ademais de voley, aposta polos deportes acuáticos, polo contacto directo coa natureza e o mar, e a cultura.
San Ciprián é unha península rodeada de tres fermosos arenais que se enche en época estival debido á súa proximidade e benestar.
A gran base do Campus versa niso, na proximidade; o CEIP Península da Paza atópase a tan só varios minutos do pavillón A Veiga que está a tan só uns minutos do centro do pobo.
Os rapaces poderán gozar, nos momentos que a dirección técnica decida, dun baño reconfortante logo das prácticas de voley.