Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXAViveiro

A Copa de España de Ciclismo Adaptado celebrase en Viveiro

Por 6 Xuño, 2019Sin comentarios


O vindeiro 8 de xuño Viveiro convertirase por primeira vez na capital do ciclismo adaptado.
A competición non estará vertebrada por un circuíto, senón por un percorrido en liña de 30 quilómetros, que ademais contará cunha notable esixencia.
Os participantes das clases MH3, MH4, MH5, WH4, WH5, MC1, MC2, MC3, MC4, MC5, WC1, WC2, WC3, WC4, WC5, MB E WB terán que enfrontarse aos 400 metros de desnivel, incluído un sector que posúe rampas de ata o 12%, deste percorrido de 30 quilómetros, que contará con saída e meta en Viveiro e sairán ás 10:00 horas.
As clases MH1, MH2, WH1, WH2, WH3, WT1, WT2, MT1 e MT2 atoparán un circuíto de 2,5 km máis adaptado ás súas condicións sobre o que terán que competir durante unha hora e unha vez completada esta terán que dar un xiro máis para recibir o banderazo a cadros. A saída desta segunda tanda estará prevista para as 11:45 horas e a entrega de premios farase ao redor das 13:30 horas.