Skip to main content
A PontenovaActualidade

Os escolares da Pontenova recibiron a visita de profesionais de Tráfico

Por 6 Xuño, 2019Sin comentarios

O alumnado do colexio da Pontenova asistiron, en dous grupos, o pasado día 31, a unha charla da coordinadora provincial de Tráfico, dentro do plan director de información que está a traballar o centro durante este curso sobre Educación Vial. Unha das charlas foi para os cativos de infantil e para primeiro e segundo  de primaria, mentres que a outra a recibiron os nenos de resto de cursos de primaria.