Skip to main content
A PontenovaActualidadeDeportes AMARIÑAXA

A II Carreira Popular Vía Verde do Eo será o 8 de xuño

Por 7 Xuño, 2019Sin comentarios

A Asociación Cultural e Deportiva As minas da Pontenova organiza a II Carreira Popular Vía Verde do Eo homenaxe a Manolo Lastra “Ventura” o vindeiro sábado 8 de xuño nas proximidades da zona Pé da Viña.
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. A saída será nas proximidades da zona Pé da Viña – Antiga vía do tren mineiro que unía A Pontenova con Ribadeo e atravesará os Concellos de Trabada, Santirso e A Pontenova, sempre por pistas e estradas ao carón do rio Eo, atravesaránse 4 túneis da antigua vía do tren, a meta situaráse na praza dos Fornos da Pontenova.
O período de inscripción rematará o xoves 6 de xuño e haberá un límite de participación de 230 atletas. Os dorsáis retiraranse o día da proba, na Oficina de Turismo da Pontenova, dende as 15 horas ata as 17 horas. de onde sairán os buses cara a saída da proba.
Haberá trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira e aos tres primeiros clasificados de cada categoria tanto masculina como feminina. A entrega de premios será na praza dos Fornos, aproximadamente, ás 19:00 horas.
Como agasallo pola participación, os corredores levarán unha camiseta, haberá aparcadoiro gratuíto e servizo de gardarroupa na Oficina de Turismo. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar os deportistas dende a zona de meta á saída. O servicio de autobuses sairá dende a praza dos Fornos da Pontenova. Tamén haberá baños, vestiarios e duchas no campo de fútbol de A Mina (a 100m da meta).
A proba contará con avituallamento líquido e sólido para todos os participantes, e avituallamento líquido no quilómetro 5. Ademais os participantes na carreira poderán desfrutar dun pequeno convite ao rematar a carreira mentres se realiza a entrega de premiación.