Skip to main content
ActualidadeXove

A Asociación Cultural Saiñas organiza un obradoiro de Iniciación ao Baile Tradicional en Xove

Por 9 Xuño, 2019Sin comentarios

O obradoiro de Iniciación ao Baile Tradicional de Xove terá lugar o vindeiro 22 de xuño no Centro Cívico de Xove, con motivo da celebración da Foliada Da Mariña organizada pola Asociación Cultural Saiñas.
O programa de actos aínda está por definir, pero previsiblemente dará comezo ao mediodía con pasarrúas e sesión vermú, tamén haberá xogos e obradoiros tradicionais. Pola noite será a cea popular e a foliada.