Skip to main content
ActualidadeBarreiros

Barreiros adxudicará tres casetas móbiles para o verán

Por 9 Xuño, 2019Sin comentarios

O Concello de Barreiros advirte de que quedan apenas uns días para solicitar unha das tres casetas móbiles que se poderán instalar na zona de costa durante a tempada estival para a realización de actividades, como por exemplo, de surf. O prego de condicións para a adxudicación está dispoñible nas oficinas municipais para a súa consulta e na sede electrónica do concello https://barreiros.sedelectronica.es . O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais dende o pasado 31 de maio e poderá formalizarse en horario de mañá no Rexistro Xeral do consistorio.