Skip to main content
ActualidadeBurela

O programa de Onda Cero Radio 'Gente viajera', con Esther Eiros, emitirase en directo desde Burela este domingo

Por 14 Xuño, 2019Sin comentarios

O programa especializado en turismo de Onda Cero Radio Gente Viajera, que dirixe e presenta Esther Eiros, realizarase en directo desde o salón de plenos do Concello de Burela este domingo, día 16, de 12 a 14 horas. A emisión do programa é aberta ao público con entrada libre ata completar o aforo.
O espazo, que se escoitará a través de todas as emisoras de Onda Cero Radio, estará dedicado fundamentalmente a promover os atractivos turísticos da zona norte da provincia de Lugo e entre os invitados que serán entrevistados por Esther Eiros e o seu equipo de colaboradores (xornalistas especializados en turismo) estarán o alcalde de Burela e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano; o presidente da Federación de Comercio A Mariña (FCAM), José Carlos Paleo; e o xerente de Armadores de Burela (ABSA), Miguel Neira.
Este programa realizase desde A Mariña grazas ao seguintes patrocinadores: FCAM, Mancomunidade, Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, Armadores de Burela, Concello de Burela, Centro Comercial Aberto de Foz, mesón Tierras Gallegas, hotel Palacio de Cristal, Seguros Pablo Vizoso Iglesias e restaurante A Cofradía de Rinlo.