Skip to main content
ActualidadeOurol

Aberto o prazo de inscrición para a ludoteca de verán de Ourol

Por 20 Xuño, 2019Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

Dende o luns día 10 ata o 21 de xuño permanecerá aberto o prazo de inscrición para a ludoteca de verán do Concello de Ourol que contará con 20 prazas.
A ludoteca é un recurso lúdico-educativo de conciliación para as familias en período de vacacións de verán. Este recurso vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e 12 anos.
A data de comezo será o día 1 de xullo e rematará o 31 de agosto de 2019. Os horarios serán de 10:30 a 13:30 de luns a venres.
As familias contarán ademais con un servizo complementario de conciliación para aqueles nenos e nenas que asistan á ludoteca e que cubrirá horario dende as 8:00 e ata 14:00 horas, na biblioteca municipal.
No caso de quedar algunha praza vacante abrirase un novo prazo de inscrición durante os días 24 e 25 xuño para inscricións de nenos que non estén empadroados no Concello de Ourol.