Skip to main content
ActualidadeBurelaDeportes AMARIÑAXA

Os castrexos de Burela entregáronlle o torques ás xogadoras do Pescados Rubén

Por 20 Xuño, 2019Sin comentarios
En pleno éxtasis de celebración da grande xesta do Pescados Rubén Burela FS, que conquistou o título da Primera Copa de Su Majestad La Reina, a Asociación Castrexa fíxolles entrega ás gañadoras dunha reprodución dun torques, un dos máis representativos recursos patrimoniais e arqueolóxicos da localidade.
O presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, Pedro Rocha, e Marta Basanta, por parte da directiva do colectivo burelés, fixéronlles ás xogadoras entrega da xoia, que é un símbolo do poder castrexo e das orixes ou do pasado máis ancestral da vila mariñá.
A asociación castrexa está pechando os últimos detalles da nova edición da súa festa, regresando á época castrexa os días 28 e 29 de xuño.