Skip to main content
ActualidadeCervo

O sábado 6 de xullo darán comezo as festas de Santa María de Lieiro de Cervo

Por 22 Xuño, 2019Sin comentarios

O sábado 6 de xullo dará comezo na parroquia de Santa María de Lieiro, no municipio de Cervo, a festa relixiosa en honor a Santa Isabel. Os actos comezarán ás 10:00 horas con pasarrúas a cargo do grupo folclórico Rebolaxe de San Ciprián. Ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne en honor á Santa e ás 13:30 horas dará comezo a sesión vermú a cargo do Grupo Fénix. Chegada a noite as orquestras Satélites e New York amenizará a verbena.
Na xornada do domingo 7, veciños e visitantes poderán participar ás 13:00 horas na misa solemne cantada pola Coral Terramar e ao término do acto deleitarse na sesión vermú coa orquesta Palladium.
Entrada a noite, as orquestas Palladium e París de Noia poñerán a nota musical á verbena.
Xa o luns 8 os asistentes poderán gozar a partir das 19:00 horas da actuación do grupo folclórico Mistura de Lieiro e a partir das 20:00 horas cunha gran sardiñada. A degustación estará amenizada polo grupo Fénix e a orquesta Galilea.