Skip to main content
ActualidadeO Vicedo

O Vicedo acollerá os días 20 e 21 de xullo sendos maratóns de fútbol 7

Por 23 Xuño, 2019Sin comentarios

O Vicedo acollerá os días 20 e 21 de xullo un primeiro maratón de fútbol 7 que organiza a Unión Deportiva Folgueiro no campo municipal de Boavista. O primeiro trofeo leva aparellado un premio de 600 euros, segundo o número de equipos que se inscriban. O segundo, está dotado con 300 euros, mentres que o terceiro e o cuarto tamén irán acompañados de cartos, aínda por determinar.
A cuota de inscrición ascende a 120 euros e inclúe un seguro de accidentes. Pode formalizarse, ata o 15 de xullo, en Abanca e tamén se pode preguntar en uniondeportivafolgueiro@gmail.com ou chamando ao teléfono 696.84.37.41. Haberá tamén premios para o máximo goleador e ao mellor porteiro, así coma un galardón á deportividade.
Ademais, disputarase o cuarto maratón de veteráns de fútbol 7 os mesmos días, 20 e 21 de xullo, e tamén no campo do Boavista. A cuota para inscribirse é de cen euros. Os primeiros gañarán unha cea, ademais do trofeo e o segundo, un premio en metálico, se ben haberá galardóns para o terceiro e o cuarto. Neste caso, haberá tamén un premio para o xogador máis veterán.