Skip to main content
ActualidadeRibadeo

A escola de música de Ribadeo actúa en Remourelle, Vilaselán e Rinlo

Por 24 Xuño, 2019Sin comentarios

O programa denominado ‘Musiqueando polas parroquias’, que organiza a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, EMMeD, chega ás distintas localidades do medio rural ribadense, comezando o 24 de xuño por Remourelle, o 25 por Vilaselán e o 26, por Rinlo.
Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “continuando cun dos principais obxectivos do centro, que é ser motor sociocultural do concello, a escola vén de programar unha primeira quenda de pequenas actuacións polas parroquias, para que as persoas que non residen no casco ribadense e lles poida resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD habitualmente programa, as poidan coñecer máis de cerca. Nelas farase unha mostra do traballo que leva feito unha parte do alumnado do centro ao longo do curso”.
As actuacións primeiras foron programadas para as oito horas do serán nas vellas escolas de cada unha das parroquias mencionadas.

García engadiu que “nos vindeiros cursos escolares faremos outras quendas de actuacións nas parroquias restantes”.