Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXAViveiro

A Escola de Rugby Asterix de Viveiro presentou a súa nova equipación

Por 25 Xuño, 2019Sin comentarios

A Escola de Rugby Asterix de Viveiro presentou a súa nova equipación, nun acto que tivo lugar no campo de Lavandeiras e no que estiveron presentes o que será o próximo concelleiro de Deportes, César Iglesias.
Este novo equipo, creado en decembro do pasado ano e que está formado por nenos e nenas, supón a incorporación dunha nova modalidade á oferta deportiva deste municipio, contando co apoio deste concello dentro da actividade desenvolta para a promoción do deporte.
recentemente reelexida alcaldesa de Viveiro, Dona María Loureiro, xunto co novo concelleiro de deportes, Don César Iglesias, presentaron hoxe a equipación da escola de rugby Asterix de Viveiro.
Esta escola supón a resurrección do rugby en Viveiro, concretamente do clube de rugby Asterix, do que toma nome a escola que xogou competición oficial federada a nivel galego hai tres décadas.
A equipación é unha homenaxe ao Asterix que vestía de negro e vermello, tomando esas cores da persoaxe de comic, o que levou a actual equipación con camiseta negra e pantalón vermello a semellanza do ilustre galo. Por outra banda, a combinación do pantalón coas medias brancas e azuis representan o escudo de Viveiro (ademáis de cadrar moi ben co compañeiro de Asterix, Obelix, que viste de branco e azul).
Nos escasos seis meses de vida da escola xa participaron en dúas concentracións oficiais organizadas pola Federación Galega de Rugby, as de Coruña e Santiago, participando en todas as categorías (de SUB6 a SUB12). Nesta última concentración de Santiago un dos membros da escola, Noah Altadell foi nomeado mellor xogador da concentración.
O vindeiro 7 de xullo teñen previsto participar na derradeira concentración da temporada na localidade de As Pontes.
En próximas datas poderemos concretar cando se vai celebrar a festa de fin de tempada, facendo unha mini concentración de escolas veciñas e homenaxeando aos antigos membros do Asterix Viveiro, dandolle nome á concentración de un dos impulsores do Asterix, acollendo os terceiros tempos da época e que xa non está con nós, Pelosky.