Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXAFoz

Entregados os premios aos gañadores do campeonato galego de Optimist

Por 25 Xuño, 2019Sin comentarios

O presidente de Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (Acia) de Foz, José Carlos Paleo, e o alcalde focense, Fran Cajoto, presidiron a entrega de premios aos gañadores do Campionato Galego de Optimist por Equipos 2019, que se disputou na ría a finais de xuño.

O gañador foi o Real Club Náutico da Coruña, que superou nos seus enfrontamentos aos finalistas que foron o Real Club Náutico de Sanxenxo, 2º clasificado, e o Real Club Náutico de Vigo, 3º clasificado.

Once equipos se deron cita neste Campionato, “no que se disputaron regatas moi reñidas de todos contra todos ata conseguir os finalistas que se enfrontarían entre eles nunha regata final. A grande relevancia dunha regata destas características recae en que o resultado é conseguir coñecer ao equipo que representará a Galicia no Campionato Nacional, que se celebrará en xullo en Canarias”, explican. E engaden que “o campo de regatas situouse nesta ocasión dentro da ría, debido aos condicionantes meteorolóxicos existentes”.