Skip to main content
ActualidadeO Valadouro

O Valadouro ofrece cociña, cine e excursións no seu Ludiverán

Por 28 Xuño, 2019Sin comentarios

O Valadouro tamén se dispón a desfrutar do verán cunha chea de actividades de lecer previstas nomeadamente para a xente nova. O Ludiverán vai celebrarse no pavillón polideportivo municipal da localidade dende o 15 de xullo ata o 6 de setembro.
A programación inclúe unha serie de actividades infantís, para os nenos nados entre os anos 2007 e 2015. Os cativos poderán practicar coas manualidades e participar en obradoiros de cociña, de cine, ir a excursións e desfrutar con multitude de xogos propostos polos monitores.
As prazas son limitadas polo que convén inscribir canto antes na casa de cultura. O 10 de xullo está prevista que nestas instalacións se publique a lista de admitidos.