Skip to main content
ActualidadeCervo

Comeza a nova edición das noites alternativas de Cervo

Por 1 Xullo, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo presenta unha nova edición das Noites Alternativas que comezarán mañá 2 de xullo. Os concelleiros David Rodríguez e Dolores García Caramés fixéronlle entrega dos dípticos informativos aos rapaces e rapazas do instituto.
O volei praia, na praia do Torno, será a actividade que inaugure unha completa axenda lúdico-deportiva que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto en direrentes ubicacións de Cervo e San Ciprián; a partir das 22:00  horas o primeiro día de cada actividade. O resto de xornadas poderán variar os horarios en función dos grupos participantes.
As inscricións, abertas a todos o mozos do Concello, pero tamén a todos aqueles visitantes e veciños da contorna que desexen participar, deberanse facer o primeiro día de cada actividade, entre as 20:30 e as 21:30 horas.
Segundo indica o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, “volvemos deseñar un calendario deportivo amplo e con actividades moi diferentes, pensadas como alternativa de ocio para os rapaces e rapazas durante a tempada estival; co obxectivo de que, tamén nestes meses, desenvolvan hábitos de vida saudable, beneficiándose das bondades da actividade física en xeral.
Así, haberá fútbol praia, fútbol 3×3, rutas en kaiaks, volei praia, basket 3×3, pádel, unha noite do patín, noites de orientación e xogos.