Skip to main content
A PontenovaActualidade

A Pontenova rehabilita un vello forno das minas de ferro

Por 2 Xullo, 2019Sin comentarios

O Concello da Pontenova traballa nestes momentos na recuperación doutro forno de ferro das antigas minas da localidade, grazas a adquisición, recentemente, deste elemento patrimonial que estaba en mans privadas. Deste xeito, aos principais fornos que supoñen o símbolo local e que están ubicados na praza homónima, no casco urbán, vaise sumar outro, alonxado dos restantes tan só uns metros e ubicado en Boulloso.
Esta recuperación do patrimonio industrial pontenovés supón un investimento de máis de 141.000 euros, aínda que a axuda pública cobre uns cen mil. Concretamente, dun total de 141.501 euros, o Concello aporta uns 93.000 euros e a Deputación de Lugo, outros 48.000 euros. A empresa adxudicataria dos traballos é Construnorte. Os fondos públicos están tamén en parte sufragados cos que aporta a Unión Europea a través do Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
O goberno socialista da Pontenova, dende a súa entrada á alcaldía, vén embelecendo a zona e recuperando o seu patrimonio, coa remodelación da Praza dos Fornos ou o encauzamento do río Eo para evitar asolagamentos, xusto ao seu paso polo centro da localidade, xerando ao mesmo tempo un novo espazo verde e de lecer, ao carón do cauce.