Skip to main content
ActualidadeBurelaDeportes AMARIÑAXA

A ala-peche Alejandra de Paz, primeira incorporación do Pescados Rubén

Por 5 Xullo, 2019Sin comentarios


A ala-peche Alejandra de Paz González defenderá o Pescados Rubén Burela FS 2019-20. A xogadora de Neda (25-05-1995) incorporarase á estrutura laranxa logo de catro tempadas no Poio Pescamar FSF.
Na súa presentación e acompañada polo presidente, Manuel Blanco, e o secretario, José Dovale, Ale de Paz confesaba que deixa unha parte do seu corazón no equipo pontevedrés, pero tamén que non podía renunciar ao proxecto e á familia de mariñá: “Estaba moi cómoda en Poio, pero non podía desaproveitar a oportunidade da chamada de Burela; é un dos mellores equipos de Europa, cun gran proxecto e unha gran familia, por iso eu creo que é doado vir”.
“Síntome unha privilexiada, estou facendo o que me gusta, son deportista profesional e seguirei a miña traxectoria en Galicia”, explicaba a xogadora galega, formada en Comarcal A Fervenza e Valdetires Ferrol.
Ale de Paz súmase ao novo proxecto das Guerreiras Laranxas, que xa conta con Peque e Dany, con contrato en vigor, e a renovación de Ana Romero. “Son unha xogadora moi competitiva e chego a Burela moi ilusionada, con ganas de aprender e seguir medrando. Veño decidida a achegar todo o posible e a pelexar por gañar títulos”, confesaba a nova burelista.