Skip to main content
ActualidadeBurela

Comezou unha nova edición da escola de minitalentos de Academia A Mariña

Por 10 Xullo, 2019Sin comentarios

Academia A Mariña puxo en marcha outro ano máis a súa Escola de Minitalentos, aberta dende ás oito da mañá e ata as 15.00 horas, de luns a venres, de xullo a agosto.
Nela participan nenos con idades comprendidas entre os tres e os sete anos, para a escola A, e de oito a 13 anos, para a escola B. Realizan actividades de reforzo do aprendido no colexio, programas de intelixencia emocional, música, expresión corporal e un longo etcétera.
Desde Academia A Mariña explican que “se trata de fomentar la creatividad y el talento de los niños, su desarrollo personal, fomentar la lectura, entre otras actividades”. 
Tamén se están impartindo clases de mecanografía e informática, os martes e xoves, de 10.30 horas a 12.00. Aberto tanto para nenos como para adultos.
Academia A Mariña é unha empresa comprometida coa Responsabilidade Social Empresarial e unha das medidas que adopta para a Escola de Minitalentos é a posibilidade de que os pais podan reservar praza por semanas e así poder conciliar millor a vida laboral coa familiar. Academia A Mariña anima “a todos los padres a que nos llamen y se informen en el teléfono 982.58.50.98”.