Skip to main content
ActualidadeCervo

Cervo úrxelle á Deputación a roza da “estrada da costa” xa que se atopa nun estado lamentable

Por 15 Xullo, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo úrxelle á Deputación provincial a roza das estradas do termo municipal que son da súa titularidade “e que a día de hoxe están invadidas pola maleza”.
Tal e como precisou o rexedor, Alfonso Villares “xa lle remitimos un escrito ao organismo provincial para que acondicione canto antes estas vías que a mediados de xullo presentan un estado lamentable, co conseguinte risco que pode supoñer para a seguridade”.
Villares puxo como exemplo máis representativo o da “Carretera da Costa”, a LU 1510, que une San Ciprián con Burela pola praia da Marosa, “moi transitada e que  xa ben avanzado o verán está case intransitable en moitos tramos”.
O rexedor puxo de manifesto, así mesmo, a necesidade de que a Deputación acometa  “polo menos dúas rozas ao ano para manter os viais nunhas mínimas condicións, e se ten que ser, como acontence na actualidade, só unha vez, “que polo menos o fagan a principio do verán”.