Skip to main content
ActualidadeViveiro

Viveiro acolleu unha homenaxe a Luís Trelles

Por 16 Xullo, 2019Sin comentarios

Os asistentes ás trixésimas xornadas de espiritualidade e reflexión, organizadas pola Fundación Luís de Trelles y Noguerol en Santiago, visitaron Viveiro para renderlle homenaxe ao vivariense Luís de Trelles co motivo do bicentenario do seu nacemento.
Foron recibidos con salvas en honor dos visitantes e ante o monumento que lembra a figura do persoeiro, o presidente da Fundación, Antonio Troncoso de Castro, lembrou a esta figura insigne do século XIX que foi parlamentario e que na III Guerra Carlista, conseguíu a libertade mediante o canxe de 30.000 prisioneros e a sinatura dun protocolo para a protección da poboación civil. 
O tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández, en representación da alcaldesa María Loureiro, agradeceu a visita á cidade e lembrou a figura do vivariense cuxa obra no século XIX foi decisiva na pacificación dos conflictos vividos en aqueles anos. O acto pechouse cunha ofrenda floral
Cun almorzo coa colaboración do Concello e unha visita aos lugares trellianos, rematou a estancia dos cursillistas na cidade. Lembraron que este vivariense foi declarado Venerable no proceso de beatificación que se segue na Santa Sé.