Skip to main content
ActualidadeCervo

Festa do chicharro lañado, o venres 19 de xullo, en San Cibrao

Por 17 Xullo, 2019Sin comentarios

Dúas asociacións veciñais e o Concello de Cervo presentaron a III Festa do Chicharro Lañado que terá lugar este venres, 19 de xullo, no peirao de San Cibrao, a partir das 19:30 horas.
A cita está organizada pola A.P.A. Coletiñas e A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo.
O rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e a de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a cita acompañados dunha representación das dúas asociacións organizadoras.
Repartiranse racións de chicharros lañados, cachelos e pan a un prezo de 5 euros, e haberá música en directo a cargo de DJ Posesion e Jam Session. A tarde estará amenizada polos Misturos.