Skip to main content
ActualidadeBarreiros

Os socorristas de Barreiros ameazan con deixar o posto de traballo

Por 18 Xullo, 2019Sin comentarios

Os socorristas de Barreiros ameazan con deixar o posto de traballo e incluso recorrer á vía xudicial debido “ao ninguneo” do novo equipo de goberno. A descoordinación existente, segundo afirman, entre o coordinador e os responsables municipais provocou o peche do servizo en 6 dos 13 areais, e que estes profesionais carezan dos medios técnicos necesarios para prestar un servizo eficaz.
O Partido Popular de Barreiros, que lidera Alfonso Fuente Parga, alerta de que os socorristas que prestan o seu servizo nos areais deste municipio, “están a piques de abandonar os seus postos de traballo debido á descoordinación que existe entre o coordinador do servizo e os responsables do Concello”. Tal é  así, que estes profesionais, por mor do “ninguneo” do equipo de goberno, e segundo o escrito que se adxunta, non desbotan a posibilidade de recurrir á vía xudicial no caso de que a entidade local non subsane a situación. 
Estes efectivos mantiveron outra a xuntanza coa alcaldesa, Ana Ermida, para trasladarlle novamente esta cuestión, que vén motivada pola modificación do acordo ao que chegaron co coordinador nas horas extras pactadas inicialmente, e que obrigou ao servizo a pechar un total de 6 das 13 praias coas que conta este concello, deixando a algún compañeiro sen apoio. 
A maiores, tamén trasladaron á nacionalista que carecen dos medios necesarios despois de tres semanas de traballo, e tampouco teñen casetos donde realizar curas e refuxiarse, así como agua corriente. É precisamente esta situación, e diante a falta de resposta que os faga sentirse respaldados, polo que están barallando a posibilidade de renunciar ao contrato e presentar o recurso indicado anteriormente.
O edil popular na oposición faise eco así das demandas destes “excelentes profesionais” e pídelle ao goberno local “que exerza a súa responsabilidade, pois ser alcalde non só é sentarse, senón que é gobernar e xestionar”. Fuente Parga traslada publicamente o apoio persoal e do grupo que dirixe a estes efectivos e manifesta que “isto nunca pasou en Barreiros”. “O Concello sempre fixo unha xestión correcta deste servizo que é tan necesario nesta época”, remarca.