Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Izadas a Bandeira Azul e a Q de Calidade no peirao do clube náutico ribadense

Por 19 Xullo, 2019Sin comentarios

No peirao deportivo ribadense celebróuse o xoves 18 de xullo ao mediodía o acto de izado da Bandeira Azul e da Q de Calidade Turística concedidas ao Real Clube Náutico de Ribadeo. 
O presidente do clube, Ramón Acuña, destacou que a entidade conta ademais este ano co distintivo Galicia Calidade e a ISO 14.001 e agradeceu a presencia de representantes de todos os grupos políticos que forman parte da corporación municipal ribadense.
Acuña declarou que “un dos capítulos máis importantes do verán é o izado das bandeiras. Para o clube é unha grande satisfacción porque, un ano máis, conseguimos dous galardóns como son a Bandeira Azul e a Q de Calidade. Ademais, este ano acadamos o galardón Galicia Calidade. Temos asemade a ISO 14.001, pertencemos á Q de Calidad, temos a Bandera Azul, é dicir que cumprimos o programa previsto”.
O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo manifestou tamén: “Seguimos coa espiña no corazón do dragado, nun principio ía ser antes de verán, despois que ía ser en pleno verán o que para nós sería negativo e agardamos que non se faga ata setembro”.
Ramón Acuña engadiu: “A ver se somos capaces de antes de que terminen estes oito anos que me puxen como meta, conseguimos o peche definitivo da bocana e así ter un porto totalmente seguro. O ano que vén hai que convocar eleccións e agardemos ver cumplido todo o previsto no programa de hai xa sete anos”.
O presidente do clube quixo “dar as gracias aos que nos acompañan, representantes de Partido Socialista, Partido Popular e Bloque, por estar con nós e lembrar que temos un porto de primeira orde en Galicia”.