Skip to main content
ActualidadeBarreirosDeportes AMARIÑAXA

A carreira pola praia de Fontela en Barreiros disputarase o 4 de agosto

Por 23 Xullo, 2019Sin comentarios

A sétima edición da carreira popular Benquerencia Terra Mar disputarase na praia barreirense de Fontela o día 4 de agosto.
Hai unha modalidade para os máis novos ou menores, que comezará ás 12.20 horas. A inscripción é gratuíta e pode formalizarse ata o xoves, 1 de agosto, na web www.championchipnorte.com ou chamando ao Concello de Barreiros ao 982.124.002.
A carreira absoluta está prevista para as 13.30 horas. Tamén o xoves, 1 de agosto, remata o prazo para inscribirse, pero ata o día 29 de xullo os inscritos poden pagar 5 euros polo chip propio ou un euro máis polo de aluguer. A partir desa data e ata o xoves 1 no que remata o prazo para anotarse, o chip propio custará 10 euros e o de aluguer, 11 euros.
Entre os variados patrocinadores se atopan a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Barreiros.