Skip to main content
ActualidadeViveiro

Loureiro critica ao PP por demorar a apertura do aparcadoiro do porto de Viveiro

Por 23 Xullo, 2019Sin comentarios

A apertura dos estacionamentos do muelle, tras as obras de derribo dos galpóns e o acondicionamento posterior, supón unha grande alegría por tratarse dunha actuación necesaria e imprescindible para Viveiro, demandada dende hai 25 anos -como se recolle estes días na prensa local- tanto polos diferentes gobernos como pola propia cidadanía. Esta satisfacción non desvirtúa o gran malestar polas xestións realizadas pola Xunta de Galicia con respecto á execución das obras.
As concesións dos galpóns quedaron liberadas en decembro de 2017 e dende entón houbo tempo máis que suficiente para axilizar as actuacións que agora se anuncian con grande pomposidade, segundo afirman dende o goberno local socialista.
Acusan á Xunta de obviar unha mala xestión que motivou que este estacionamento estivera pechado en época estival, coincidindo con dous dos eventos con maior aglomeración de persoas, como o Resurrection Fest ou a Feira Renancentista, provocando o malestar dos veciños e veciñas de Viveiro, dos visitantes, dos comerciantes e hostaleiros, que foron os  que sufriron as súas consecuencias.
Neste sentido cabe lembrar que dende o concello sempre se tratou de facilitar o aparcamento, contactando coa Tesorería Xeral da Seguridade Social, para habilitar a explanada situada ao lado de Correos, e con Puertos de Galicia, para poder usar o porto deportivo, sendo conscientes das necesidades existentes.
Pero o que resulta totalmente indignante, segundo o Concello, é que se aproveite a apertura deste espazo para comparar este estacionamento co párking subterráneo ou coas prazas ORA, destacando a gratuidade dun fronte aos outras, como si iso fora unha novidade ou unha información que motive o seu anuncio.
O aparcamento do muelle sempre foi gratuíto e só faltaba que agora o fixeran de pago, obxetan. Pero é máis, cando se fixo o párking subterráneo, xestionado por Aparcamentos A Mariña, e cando se instaurou o sistema ORA no Concello de Viveiro gobernaba, precisamente, o Partido Popular. Entendemos, din os socialistas, que os actuais concelleiros do PP naquel momento non estaban vinculados á vida política municipal, pero deben saber que antes de facer declaracións cómpre verificar a información e que, en caso de descoñecemento deben informarse facendo uso das hemerotecas ou mediante consultas dentro do seu propio partido. Consideramos, ademais, que este anuncio a bombo e platillo por parte dos concelleiros do PP na corporación está totalmente fóra de lugar, parece que foron eles os que lograron o arranxo do muelle e nada máis lonxe da realidade.
É máis, debemos preguntarmos cómo se deben interpretar as declaracións do grupo municipal do PP; acaso queren dicir que no suposto de que eles gobernaran o aparcamento subterráneo e a zona ORA serían gratuítos? Non o creo, opina a alcaldesa socialista María Loureiro.
Cada unha destas tres zonas ten unhas características e unha finalidade concretas e, polo tanto, non poden compararse. O zona ORA, por exemplo, instaurouse coa intención de ter unha alternativa para estacionamentos breves para favorecer tramitacións ou compras dentro do casco, moi diferente a unha área de estacionamento permanente.
Por todo isto, a alcaldesa cre que vén moi ao caso a cita: perdónales, señor, por que no saben lo dicen.