Skip to main content
ActualidadeBurelaDeportes AMARIÑAXA

As xogadoras laranxas xogarán a Supercopa o 6 de setembro nas Rozas

Por 26 Xullo, 2019Sin comentarios

O Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol fixou a Supercopa para o próximo 6 de setembro. O pavillón da Cidade do Fútbol de Las Rozas é o lugar elixido para que ese venres, a partir das 21:00 horas, cun duelo no que as Guerreiras Laranxas se volverán ver as caras co Futsi Atlético Navalcarnero.
O torneo -a partido único- enfronta as madrileñas, como campioas da liga regular de Primeira División Feminina, e o Pescados Rubén Burela FS, como vencedor da Copa de S.M. A Raíña. Rivalidade máxima. Igualados a puntos, Futsi levou o título da regularidade grazas á diferenza de goles, deixando a Burela somo subcampión.
Con todo, houbo distinto desenlace no torneo do KO. Madrileñas e galegas reeditarán a final copeira. Un encontro no que a emoción e o suspense estiveron presentes ata o último suspiro do partido. Os penaltis permitíronlle ao conxunto mariñán deixar o trofeo en Burela.
Por iso é polo que a Supercopa 2019 reúne todos os ingredientes para converterse noutro emocionante duelo de poder, entre dous dos mellores equipos de fútbol sala feminino do mundo.
Á marxe de que algunha televisión coa que xa se está negociando emita esta final, o que si é seguro é o que o choque entre Futsi Atlético Navalcarnero e Pescados Rubén Burela FS se poderá seguir en directo vía streaming a través de www.rfef.es e das diferentes canles da Real Federación Española de Fútbol.