Skip to main content
ActualidadeXove

Dobre milla a San Bartolo de Xove

Por 27 Xullo, 2019Sin comentarios

A dobre milla de San Bartolo en Xove disputarase o vindeiro 28 de xullo. Haberá carreiras para adultos e menores pero os interesados en participar poden obter máis información na web www.tourmariña.com e facer as inscricións en ccnorte.com.
Na andaina para tódalas idades, a hora de inicio será as 11.45. A distancia é de seis mil metros e custa uns tres euros.
A categoría sub 8, é dicir para os nados en 2012 e seguintes, é de 200 metros, comeza ao mediodía e non ten coste, iso si, xa conta con case 20 inscritos. Logo irán saíndo os competidores das restantes categorías por idades.