Skip to main content
ActualidadeBurela

A Feira do Bonito de Burela preséntase este martes en Lugo

Por 29 Xullo, 2019Sin comentarios

Burela presentará a Feira do Bonito e Produart en Lugo nun acto que se celebrará o 30 de xullo ás 12:30 horas na praza de abastos. Á presentación acudirán hostaleiros e tamén representantes de Absa, da OPP, de Ledicia e do Concello burelés. A continuación terá lugar unha degustación.
O alcalde, Alfredo Llano, lembrou que “xa se fillo no Concello de Burela a presentación da Feira do Bonito e de Produart  a nivel local, e agora queremos facer unha presentación un pouco máis ampla o próximo martes, 30 de xullo, ás doce e media na praza de abastos de Lugo. É un lugar singular e importante para Lugo e a provincia, todo o mundo coñece a praza de abastos de Lugo, e ademais ten moito que ver tanto coa Feira do Bonito como con Produart. Parécenos un bo espazo para facer esta presentación”.
O rexedor sinalou que “imos invitar a todas as institucións, asociacións de hostalería e a todo aquilo que poidamos abarcar para que acudan. Estará Ledicia e representantes do Concello de Burela, de Absa e da OPP. Imos facer tamén unha degustación para que se aprecien as diferentes formas que hai para preparar este túnido”.
Alfredo Llano salientou que “hai que ter en conta que este ano queremos dar a máxima información sobre esta feira dado que acadou o título honorífico de festa de interese turístico nacional. Produart tamén é unha exposición que se fai paralelamente de produtos artesás e ecolóxicos que complementa e fai máis interesante esta invitación a acudir a Burela a primeira fin de semana do mes de agosto”.