Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Reclaman o adecentamento de áreas recreativas de Ribadeo como a que albergará a Xira a Santa Cruz

Por 29 Xullo, 2019Sin comentarios

O Grupo Municipal do PP de Ribadeo reivindica a implantación dun plan de limpeza serio que, ademais da limpeza dos colectores do lixo, como xa temos demandado nos últimos días, manteña as nosas áreas recreativas nun axeitado estado de conservación durante todo o ano. Non só dende o día anterior á celebración de eventos”, critican.
A vicevoceira popular e concelleira do PP da área de Medio Ambiente, Elena Sierra, sinala que “a poucos días da celebración da xira en Santa Cruz e nun punto que visitan moitas familias nos atopamos coa deixadez por parte do Goberno local do BNG”; xa que a herba está sen cortar e fai impracticables as visitas á zona. Máis concretamente, a popular indica que se trata dunha “responsabilidade do concelleiro de Medio Ambiente que, aínda por riba –lamenta-, conta cunha dedicación exclusiva que percibe do Concello”.
Os populares cren que “esta non é a forma de que Ribadeo se manteña como municipio turístico”.