Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A alcaldesa de Trababa fixou as retribucións e distribuíu as funcións dos seus edís

Por 1 Agosto, 2019Sin comentarios

O pleno do Concello de Trabada aproba por unanimidade todos os asuntos da orde do día do pleno organizativo, dende o mesmo feito de celebrar as sesión plenarias ordinarias ás 14 horas, cunha periodicidade bimensual, no segundo mércores hábil dos meses impares. Para a organización, mantense unha estructura do horizontal, por iso a alcaldesa, Mayra García, estableceu áreas de servizos municipais.

Da área de Alcaldía dependerán, especialmente, as áreas de Economía, Emprego, Servicios Sociais, Infraestructuras e Urbanismo.

A tenente de alcalde, Julia María Barcia Fernández, será a delegada da área de Educación, Igualdade e Desenvolvemento Local. E Guadalupe Rego Rodríguez, será a responsable de Cultura. Suevia Reimonde Gasalla, encargarase deTurismo. Rubén García Freije, continuará a cargo da Delegación de Deporte. 

E creouse unha nova área, a de Patrimonio, da que se encargará Rosa María Pérez Prieto, coa finalidade de darlle pulo e promocionar o patrimonio histórico e natural. Finalmente, Pablo González Lastra, será o concelleiro delegado en Medio Rural.

A estructura de goberno e a distribución das concellerías tratan de responder “con rigurosidade ás necesidades das veciñas e veciños de Trabada, e conseguir un desenvolvemento social e económico xusto e igualitario aproveitando os nosos propios recursos e potencialidades atendendo tamén á formación e experiencia profesional de todos os membros, como viñemos facendo no anterior mandato”, explicou Mayra García.

Tamén aprobou o pleno o réxime de retribucións dos membros corporativos, “que contará cunha adicación parcial, cunha porcentaxe do 50% de xornada, para a primeira tenente de alcalde e concelleira delegada de Educación, Igualdade e Desenvolvemento Local, Julia María Barcia Fernández. Establecéuse unha retribución anual bruta de 21.000 euros.

Como sinalou a alcaldesa, Julia, ten demostrada a súa dedicación por e para os veciños de Trabada no anterior mandato e o que se pretende é responder a esa confianza que depositaron os trabadenses con se cabe, máis traballo e dedicación. As asistencias a órganos colexiados serán de 70€.

A alcaldesa tamén levou a pleno a proposta de aprobación inicial da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de Punto de Atención á Infancia que pretende poñer en marcha no vindeiro curso escolar, un servicio que entenden prioritario para fixar familias no noso Concello.