Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Alcoa vende a súas plantas ao fondo suízo Parter e pon fin ao Ere para 700 persoas

Por 1 Agosto, 2019Sin comentarios

A multinacional produtora de aluminio Alcoa asinou a venda das súas plantas de Avilés en Asturias e A Coruña ao fondo suízo Parter Capital, despois de que presentara as garantías necesarias, uns 27 millóns que servirán de respaldo para futuras operacións, o que supón o mantemento da carga de traballo e o emprego de case 700 persoas.

Así o anunciara a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, ao rematar unha xuntanza cos axentes involucrados no proceso, coma empresa, sindicatos, comunidades autónomas e o comprador suízo, que tivo lugar en Madrid.

O fondo suízo só garante os empregos outros dous anos máis, por iso os traballadores tamén demandan a aprobación dun Estatuto para a industria electrointensiva, para que lle sexan máis rentables os custes, pero para iso, Maroto ve necesario poder formar un goberno en España.