Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Últimos días para o concurso de fotos Turismo de O Vicedo

Por 2 Agosto, 2019Sin comentarios
O Vicedo advirte de que xa está na recta final o II concurso de fotografía ‘Turismo O Vicedo’. Os participantes poden entregar as súas fotografías ata o martes 6 de agosto ás 14 horas na Casa da Cultura de O Vicedo, ubicada na rúa Cidade de Mondoñedo, 23.
As bases de participación están dispoñibles a través das redes sociais de Turismo de O Vicedo.
O acto de presentación realizarase o día 8 de agosto pola noite no salón de actos da Casa da Cultura de O Vicedo e as fotografías formarán parte dunha exposición que se desenvolverá no mes de setembro nas mesmas dependencias.