Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Burela ofrece bonito, arte mural e productos artesáns e ecolóxicos este fin de semana

Por 3 Agosto, 2019Sin comentarios

O alcalde burelés Alfredo Llano lembra que “Burela vai ser o epicentro das actividades esta fin de semana, imos ter a Feira do Bonito, a feira Produart e o concurso internacional de pintura mural Amarte. Os tres eventos no seu conxunto van dar lugar a que non se aburra ninguén dos que se acheguen a Burela este venres, o sábado e o domingo”.

O xerente da Fundación Expomar, José Manuel González, engade que “paralelamente á Feira do Bonito, organizamos a feira Produart de produtos de artesanía e de ecoloxía. Pretendemos destacar os nosos valores pesqueiros, os nosos valores artesás e poñer en valor a riqueza do noso patrimonio. A feira inaugúrase o día 2 de agosto e desenrólase ata o día 4. Nesta feira podemos atopar desde cerámica, vidro, coiro, pasando por conservas, embutidos, queixos, viños, é dicir, podemos atopar toda unha serie de produtos da nosa terra, do noso entorno, coa maior sensibilidade ecolóxica e de patrimonio. Paralelamente á feira vanse desenrolar diversas actividades. O venres imos ter unha charla sobre o patrimonio da Mariña que a vai impartir o presidente de Mariña Patrimonio, Manuel Miranda. O venres imos ter tamén un taller de cerámica para nenos, e ao mesmo tempo, as monitoras de Gaia da Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela van facer actividades para os nenos. Temos ademais unha exposición permanente de biodiversidade acuática da Mariña con fotografías feitas por un biólogo mariño de Foz e patrocinada pola Delegación de Turismo de Burela”.

A presidenta da Sociedade Cultural Ledicia, Rocío Rivera, dixo que “o prato forte é o do sábado ao mediodía, imos recibir a todos os nosos convidados e deleitar ao público cun pregón a cargo de Estíbaliz Veiga que é unha actriz veciña nosa que se prestou este ano a facer o pregón e darlle con iso a súa relevancia a esta feira. Despois teremos a degustación en distintas variedades, por un lado vai estar a nosa ración clásica que é a que mantemos case dende o inicio, que se compón de bonito asado, bonito cocido e empanada de bonito, e poderíamos engadirlle unha tapa de salpicón. O domingo poderemos disfrutar dun marmitako, que non é o marmitako ao uso senón que ten a peculiaridade de que o facemos con peixe asado da feira, entón ten o seu gusto particular, é un marmitako diferente. Para complementar imos ter pola mañá a actuación dunha charanga e pola noite un concerto de José Manuel Budiño, patrocinado dende a Delegación de Cultura do Concello. Tamén teremos a actuación do grupo Correcaminos Rock and Roll Band, que para nós teñen un punto de conexión dado que parte dos seus integrantes se criaron en Burela. O domingo teremos a entrega de premios do certame de pintura e, durante a sesión vermú, vaise presentar o Festival Osa do Mar. Este ano a Feira do Bonito estréase como feira de interese turístico nacional”.