Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Celtas de baloncesto pregonará o San Lourenzo de Foz que comeza o 7 de agosto e rematará o 11

Por 6 Agosto, 2019Agosto 7th, 2019Sin comentarios

O San Lourenzo de Foz celebrarase do mércores 7 ao 11 de agosto. O pregón correrá a cargo do CB Celtas de baloncesto, as 20:00 horas, na casa da cultura e ao remate, lanzarase o chupinazo que dá comezo as festas cun paseo ata a praia da Rapadoira onde as 21 horas, os asistentes desfrutarán dunha festa ibicenca con exhibición de batuka e zumba e ademais, dunha queimada popular. Esta parte está organizada pola Asociación Folclórico Cultural O Feitizo. As 22:00, no mesmo areal, haberá partidos de fútbol praia.

A Festa de San Lourenzo prosegue o día 8 de agosto co pasarrúas de A Subela e xa ás 23:00 horas coa verbena na Rapadoira ofrecida coa orquestra Furia Joven. Ao día seguinte, a batukada Perkusiona percorrerá pola mañá as rúas focenses e á noite, na Praza Conde de Fontao e na explanada do porto actuarán as orquestras Ciclo Manía e o grupo Atenas.

O sábado, á partir das 12, na igrexa parroquial haberá misa e ao mediodía misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Foz e procesión acompañada pola Banda de Música de Foz. Na praza do Conde de Fontao as 13 horas actuará O Feitizo e despois na sesión vermouth, a Banda de Música de Foz. Á tarde, dende o colexio Martínez Otero, comezará ás 17 horas a Run Foz Run que ofrecerá andaina, charlas técnicas, feira do corredor, entrega de dorsais e música, coma a que porá na verbena das 23 horas no porto a orquestra Anacaona, que continuará tocando tralo espectáculo pirotécnico.

A partir das 24:00h do sábado 10 ao domingo 11, no paseo de Laredo e na Praia da Rapadoira, todo o público verá o gran espectáculo de fogos artificiais previsto pola organización da nova asociación que acaba de coller as rendas destas festas e que se chama O Noso Foz, dirixida por Ángel Fernández Neira.

Tras a carreira Run Foz Run da mañá do domingo, o San Lourenzo despedirase con sesión vermú e con la orquestra La Misión na verbena.