Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A festa do ovo frito con chourizo saciará os paladares o 14 de agosto en Cervo

Por 7 Agosto, 2019Sin comentarios

A mediados de agosto, en Cervo, en medio das festas patronais, celébrase a XII Festa do Ovo Frito, na que se poderá degustar este prato na Praza do Souto.

A Festa do Ovo Frito de Cervo está organizada pola Sociedad Deportiva de Cervo e terá lugar na tradicional Praza do Souto. Cada ración adoita incluír dous ovos fritos, patacas, chourizo á parrilla, pan e bebida cun coste duns 5 euros.

O organizadores lembran no seu facebook que un ano máis farán a súa tradicional festa a partir das 20:00 horas. Insisten en sinalar que cada prato vai con dous ovos fritos, un chourizo, patacas fritas caseiras, pan e bebida por tan só 5 euros. Despois de comer, a festa continúa como cada ano con animación musical na Praza do Souto.

Deste xeito Cervo ríndese cada ano a sinxeleza do ovo frito e fai unha festa para ensalzar este prato que tanto gusta a adultos e pequenos.