Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O alcalde de Cervo chama á bisbarra a mobilizarse polo mantemento da industria do aluminio

Por 7 Agosto, 2019Sin comentarios

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, calificou hoxe de “preocupante” a situación que está a atravesar a empresa do aluminio nestes intres motivada pola inexistencia dun prezo competitivo para a luz “o que está a poñer en serio risco moitos postos de traballo, directos e indirectos, na nosa zona”.

Villares precisou que é preocupante a postura do Goberno, en primeiro lugar, pero tamén a que están a amosar moitos sectores “cunha actitude moito máis pasiva que fai 7 anos, cando protestamos toda A Mariña ao unísono esixíndolle ao executivo central esas medidas necesarias que garantisen a viabilidade da empresa; tendo en conta, ademais, que na actualidade -engadiu- “estamos nunha situación moito máis grave, que queda evidenciada coa baixada da produción da que están a informar estes días desde a multinacional”

De feito, esas manifestacións masivas e esa unión da toda a bisbarra foi crucial para conseguir “reverter eses momentos delicados que vivimos no pasado”.

O rexedor alertou “que se o goberno no dá ese prezo, A Mariña corre un serio perigo e fixo un chamamento á mobilización “temos que berrar todos ao unísono polo ben da nosa comarca, porque se seguimos nesta senda podemos chegar a unha situación sen retorno; está sobre nós a ameaza de que a nosa comarca quede sen esta empresa que é vital; e temos que loitar todos e reivindicar unidos para que cheguen xa esas medidas do executivo, polo presente e polo futuro da Mariña”, sentenciou.