Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Os alcaldes de Asturias e Galicia polos que pasa a vía rexia do Camiño están decididos a impulsar a ruta

Por 7 Agosto, 2019Sin comentarios

A Vía Rexia do Norte é unha alternativa ao Camino del Norte documentada no século XIII e pola que levan loitando sete municipios lucenses a fin de que actúe coma un revulsivo para a zona rural. Esta variante comeza na localidade asturina e vegadense de Abres e desemboca en Lugo. O proxecto, capitaneado por Meira, conta co apoio da Deputación de Lugo e agora busca o respaldo do Principado para lograr a oficialización da ruta que serve de enlace entre o Camiño do Norte e o Camiño Primitivo.

“Queremos sacar do almacén un itinerario olvidado e crear unha ruta cultural cun contido máis amplo e que permita desenvolver unha zona rural esquecida”, defendeu a técnico de turismo do Concello de Meira, Yoani Jartín. Exerceu de anfitrioa a rexedora franquina, Cecilia Pérez, que se refiriu a esta ruta como unha alternativa interior ao Camino do Norte e aplaudiu a proposta como una opción que “enriquece” porque ofrece novas opcións ao peregrino.

Galicia contratou a unha empresa encargada de elaborar o proxecto da Vía Rexia para optar á catalogación oficial. O responsable da empresa, Óscar Fernández, explicou que a ruta “está documentada en numerosa bibliografía e agora se está poñendo en valor”. De xeito paralelo debe acondicionarse o itinerario e sinalizarlo debidamente. En solo galego afecta aos concellos da Pontenova, Meira, Riotorto, A Pastoriza, Castro de Rei, Pol e Lugo e está considerada a ruta de peregrinación máis antiga da provincia de Lugo.