Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A feira de artesanía de Viveiro vai desenvolverse coma un aliciente máis das festas patronais

Por 8 Agosto, 2019Sin comentarios

O venres 9 de agosto, nos xardíns de Noriega Varela, inaugurarase a trixésimo sexta edición da Feira de Artesanía, ás sete da tarde, e ás dez da noite, na Praza Maior, a banda municipal de música actuará baixo a batuta de Isabel Rubio.

Precisamente a feira forma parte do programa das festas patronais de Viveiro coma un aliciente máis entre diversas variadas que durarán case medio mes.

A feira artesanal acada a súa trixésimo sexta edición, do 9 ao 18 de agosto, nos xardíns Noriega Varela, e cun horario de 11 a 14 e de 17.30 a 22.00 horas. Entre os expositores figuran A Bugarda, Afeitura, Alfarería José María Guisado Monge, Arcoiris, Cabuxa, Llue Vidrieiros, Lucecús, O Sapo Chosco, Paparolo, Paula Dimé, Taller Albaida ou Xaracandá, ademais do creador local Regal Cerámica Artesán, dun total de 30 stands.

O Concello de Viveiro e a asociación de artesanía Proa organizan unha cita na que colaboran a Xunta, a Deputación de Lugo e mesmo David Catá, entre outros.