Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A parroquia pontenovesa de Vilameá festexa á Señora das Neves

Por 8 Agosto, 2019Sin comentarios

As festas na honra da Señora das Neves e San Roque celebraránse na parroquia pontenovesa de Vilameá do 9 ao 11 de agosto. Comezarán o 9 de agosto cunha gran churrascada para o que será necesario retirar os tickets na librería Eugenia ou na panadería Millán, entre outros negocios do pobo. As racións custarán 7 euros. A continuación, a gran verbena virá amenizada por La Bamba.

O 10 de agosto, ás 13.30 horas, haberá misa solemne e procesión cunha sesión vermú a cargo de Venus Band, que tamén actuará á noite xunto o dúo Escobar. E xa o último día, o domingo 11, tras outra eucaristía e procesión, o dúo Escobar poralle o punto final musical as festas.