Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Rexeitada por un voto a proposta de mellora económica para Viveiro formulada polo BNG

Por 8 Agosto, 2019Sin comentarios
A moción do BNG sobre o Plan Económico Anual para o Concello de Viveiro foi rexeitada por 1 voto. A moción presentada pola concelleira Míriam Bermúdez propoñía a aprobación da elaboración dun plan económico plurianual de investimentos, onde estivesen representadas todas as forzas políticas con representación municipal e representantes do tecido asociativo. A elaboración deste plan debería establecer as prioridades en materia de investimentos e figurarían no mesmo as obras a executar, as partidas que previsibelmente necesarias para a súa execución, o cronograma de actuacións das mesmas e a fase de execución na que se atopa cada investimento previsto.

O BNG solicitou ao pleno da corporación local a adopción do seguinte acordo:

  1. Aprobación da elaboración dun Plan Económico plurianual (2019-2023) en materia de investimentos no concello de Viveiro por parte do Goberno Municipal.
  2. Crear unha comisión de seguemento que se reuniría no plazo acordado no pleno onde se aprobe o Plano Económico plurianual de investimentos que sexa aprobado polo pleno da corporación municipal.”

O resultado da votación foi como segue,

  • 8 votos a favor, correspondentes dos concelleiros dos grupos do PP, Por Viveiro, BNG e Son Viveiro.
  • 8 votos en contra, correspondentes dos concelleiros do grupo do PSOE.

Prodúxose un empate e repítiuse a votación co mesmo resultado, procedéndose ao desempate mediante o voto de calidade da alcaldesa socialista, María Loureiro, que vota en contra desta moción, alegando que conta cos votos do veciñanza, quedando así rexeitada a moción presentada polo BNG.

O BNG de Viveiro agradece o apoio do resto de grupos e considera unha pena que a alcaldía non considere relevante o apoio do tecido asociativo e do resto de forzas políticas para levar a cabo as actuacións necesarias en materia de inversión, sometendo ao concello a 4 anos máis de desleixo e improvisación ocasionando unha pésima xestión que redundará no perxuizo dos veciños de Viveiro.

Evidénciouse así, segundo Bermúdez, a falta de maioría do goberno local xa que de estar presente unhas das concelleiras que se ausentou neste pleno, a moción sairía adiante. A alcaldesa deberá ter en consideración o ocurrido e comezar a escoitar e considerar a oposición que conta coa maioría dos votos, 4364 fronte aos 3781 do PSOE, polo que ten que gobernar para a veciñanza de Viveiro e non só para os votantes do PSOE, advirte a nacionalista.