Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A embarcación Xiringüelo gañou a regata de cruceiro local en Ribadeo

Por 11 Agosto, 2019Sin comentarios

Xiringüelo gañou a regata de cruceiro local VIII Trofeo Real Club Náutico de Ribadeo, disputada o xoves, con doce s embarcacións participantes, na  Semana Náutica Ría de Ribadeo. A continuación de Xiringüelo, do Real Club Náutico de Ribadeo; clasificáronse Bergamota, tamén do clube ribadense, e Maremasma, do Club Náutico de Foz. 

A regata do xoves celebrouse “en medio das adversidades meteorolóxicas e de feito con doce embarcacións na liña de saída só puideron remata a regata cinco cruceiros. O vento racheado do sur non deu tregua ás tripulacións que tiveron que afrontar diversas roturas nos seus aparellos. Con todo, o comentario unánime das tripulacións foi que nunca desde as orixes desta Semana Náutica se tiñan divertido tanto. Foi ademáis a primeira vez que se deu saída a unha regata con ventos do sur”.

As actividades da XXIX Semana Náutica Ría de Ribadeo continúan co XXI Trofeo Diputación de Lugo de vela tradicional, que foi o venres, e o sábado, ás 11:00 horas está programado o VI Trofeo Seat-Talleres Armando Escolas de Verán de vela lixeira. Ás 17:00 horas dará comezo o VIII Trofeo Abanca de cruceiro local.

O domingo 11 ás 11:00 horas terá lugar o XXI Trofeo Escola Municipal de Vela lixeira e ás 17:00 horas o I Trofeo Xunta de Galicia de vela tradicional. Ademáis para o luns 12 foi aprazado o IV Trofeo Banco Sabadell Gallego de vela tradicional.

E xa o vindeiro sábado 17 de agosto celebraráse a entrega de trofeos da XXIX Semana Náutica a partir das 20:00 horas nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo.