Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Presentación mañá en Ribadeo dun libro sobre diversidade funcional

Por 11 Agosto, 2019Sin comentarios

O luns, 12 de agosto, ás 20:30 horas no claustro da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo terá lugar a presentación do libro ‘Mi vida es un poema’, escrito por Marta Prieto, profesora de Educación Infantil especializada en Pedagoxía Terapéutica. Persoa ligada á loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional, loita que leva a cabo no seu ámbito profesional e persoal.

‘Mi vida es un poema’ é un recompilatorio de poesías encamiñadas a explicar a pais, nais, educadores, amizades… á sociedade en xeral, as peculiaridades das persoas con trastornos do neurodesenvolvemento desde unha perspectiva divertida, sinxela e a veces máxica, tentando desmitificar e desdramatizar o diferente para mostrar a cara máis entrañable e tenra da discapacidade.

O acto está organizado polo Centro de Información ás Mulleres e a Escola Municipal de Música e Danza coa colaboración da Asociación Familiar de Amas de Casa de Ribadeo.