Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo ultima os detalles da Queimada Popular do sábado 17 de agosto

Por 12 Agosto, 2019Sin comentarios

A parroquia de Cervo, na localidade homónima, xa se prepara para acoller, o vindeiro sábado 17 de agosto, a XLI Queimada Popular, que é festa de Interese Turístico Galego.

Despois de vivir a Maruxaina, a nova cita festiva cervense foi presentada na Praza do Souto polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e os representantes da Asociación Airiños do Xunco, Rafa Blas e Carlos Sanz.

Os actos arricarán ás 10:00 horas, coa apertura do XXIII Mercado Tradicional. Ás 12:00 horas será o paseo de ‘autoridades’ acompañadas do grupo de gaitas Medio Quinhón.

Ás 13:00 horas será a lectura do pregón por parte das ‘autoridades’, entre persoas escollidas pola comisión organizadora dos festexos.

Entre as 12:00 e as 16:00 horas, poderanse mercar diferentes tipos de comida nos postos instalados na contorna.

Xa pola noite, ás 23:00 horas, está prevista a saída da comitiva da Queimada desde as Escolas Vellas ata a Praza dos Souto. E ás 23:45 horas será a agardada representación. A continuación o toque musical correrá a cargo de Sintrom ni Son, A Compañía do Ruído, The Tetas´ Van e Malditos Pendejos.

Ao longo da xornada haberá diferentes actuacións de grupos de música tradicional.

A Queimada Popular está organizada pola Asociación Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convidan a veciños e visitantes a desfrutar desta xornada máxica na vila.