Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Unha edil de Cervo califica de lamentable a estrada da costa en agosto

Por 12 Agosto, 2019Sin comentarios

A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, denunciou a absoluta desidia da Deputación Provincial que practicamente a mediados de agosto mantén as estradas que son da súa competencia nun estado lamentable.

Méndez puxo como exemplo máis representativo o da “Carretera da Costa”, a LU 1510, que une San Ciprián con Burela pola praia da Marosa, “moi transitada e que  xa ben avanzado o verán está case intransitable en moitos tramos”.

A edil recordou que se vai cumprir un mes desde que lle enviamos un primeiro escrito ao ente provincial que gobernan o PSOE e o BNG, e a día de hoxe a situación segue a ser a mesma, ou máis grave incluso, xa que as estradas están completamente invadidas pola maleza.

A concelleira afeoulle á Deputación que eluda deste xeito a súa responsabilidade poñendo en perigo a seguridade das persoas, tendo en conta ademais a mala imaxe que se proxecta nestas datas nas que, en concreto, a Carretera da Costa, está moi concorrida.