Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Mondoñedo adxudicou as obras que recuperarán a contorna da praza da Catedral con 151.000 euros

Por 19 Agosto, 2019Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo adxudica as obras de acondicionamento e urbanización do entorno da praza da Catedral por un importe de 151.000 euros. As actuacións, financiadas con cargo á subvención de Fomento correspondente ao 1,5% Cultural do ano  2017, afectarán á propia praza da Catedral de Mondoñedo, á rúa Pascual Veiga e aos seus accesos. Ao procedemento de adxudicación presentáronse un total de sete empresas.

A rexedora mindoniense, Elena Candia, sinala que “con esta actuacións dáse resposta a unha clara necesidade de intervir no entorno da Catedral, declarada Monumento Nacional, Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade e, polo tanto, un lugar de alto interese patrimonial e artístico”.

A  alcaldesa popular cre que “o mal estado de ambos espazos é evidente e que merecían unhas obras coas que mellorar a súa imaxe”. Tanto o chan da praza da Catedral coma a rúa Pascual Veiga contan con numerosos buratos e afundimentos que conveñen ser subsanados”.

Así mesmo, Candia avanza que “as obras articularanse respectando os prazos e tendo en conta tamén os importantes acontecementos que acolle a cidade ao longo do ano”.