Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A asociación protectora de animais de Alfoz e O Valadouro precisan axuda urxente para adoptar

Por 20 Agosto, 2019Sin comentarios

A Asociación Protectora de Alfoz e O Valadouro pide axuda a través de facebook para adoptar canto antes xa que por exemplo, nas súas instalacións, xa non poder acoller máis gatos abandonados. Neste momento, teñen unha camada de tan só un mes de vida que buscan un fogar urxente. Con eles e tras recoller a unha gata que apareceu merodeando por Lourenzá pero que cren que se perdeu, o colectivo pecha as súas portas á recollida de gatos por falta de espacio ata que non haxa adopcións ou acollementos.

Advirten que os adoptantes non terán que pagar nada, que a protectora se fai cargo de entregar aos mininos en perfecto estado.

Aparte, contan cun can que está a tratamento para a anemia, que é grande e cariñoso e que precisa con urxencia un fogar e para iso animan a chamalos ao 647.777.848.

Dende a protectora aseguran que están en apuros porque están aparecendo moitos peludos, como eles os califican cariñosamente e as adopcións son escasas. Aínda que os caniles dos que dispoñen son amplos, non poden xuntar neles toda clase de animais polas incompatibilidades que podan xurdir. Os máis necesitados son un cruce de mastín maior ingresado con tratamento, antes mencionado, e dous cachorros de dous meses. Animan a acudir ás súas instalacións para coñecer os animais que merecen un fogar.

O que poda acoller, só tería que poñer a casa, porque a asociación paga a alimentación e o gastos veterinarios. Ademais, os seus cans e gatos entréganse vacinados, desparasitados, con chips e esterilizados.