Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A presidenta do PP provincial reuníuse co PP de Foz coa idea de que o de Castiñeira foi e segue sendo un proxecto ilusionante

Por 20 Agosto, 2019Sin comentarios

Os membros do Comité Executivo do PP de Foz coma os da candidatura coas que se presentaba o partido nas pasadas eleccións municipais participaron nunha xuntanza presidida pola máxima mandataria do PP da provincia de Lugo, Elena Candia, acompañada tamén do coordinador do PP na Mariña, José Manuel Balseiro, e o voceiro do Grupo Municipal Popular e deputado provincial, Javier Castiñeira que tiña como obxectivo “o fortalecemento do Partido de cara as vindeiras citas electorais”.

“Esta foi unha das primeiras reunións coas agrupacións locais do Partido Popular na nosa provincia para valorar os puntos máis e menos fortes de cada unha para encarar con forza as posibles eleccións xerais que se celebrarían en novembro -no caso de non quedar desbloqueada a formación do Goberno central no vindeiro mes de setembro- coma as eleccións autonómicas a celebrar o vindeiro ano”, explicou a presidenta do PP da provincia de Lugo, Elena Candia.

Os populares de Foz amósanse “unidos e ilusionados” por continuar traballando de cara ás vindeiras citas coas urnas. Concretamente, Javier Castiñeira -que tamén representa aos populares no Grupo Provincial- agradeceu o apoio de Candia e Balseiro; xa que “contribúe a que seguimos motivados” e a dar visibilidade a Foz como “un referente” na provincia.

É que os populares avalan “a boa xestión do Goberno do PP en Foz nos últimos oito anos” que demostra que “é posible gobernar en minoría grazas á boa man política e á capacidade para chegar a acordos” que, de feito, “fixeron posible sacar adiante moitos proxectos en beneficio de Foz e os nosos veciños e veciñas”.

Así, a pesar de “non estar satisfeitos cos resultados” dos comicios municipais; dende o PP de Foz amosan a súa motivación para “facer unha boa oposición e traballar por recuperar o Goberno local”. Mentres, dixo Castiñeira, “o noso labor é o de fiscalizar e controlar ao equipo de Goberno” e “comprobar se tanto o PSOE coma o BNG cumpren o seu programa electoral”.