Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Deceas de persoas participarán na carreira nocturna entre Ribadeo e Rinlo

Por 20 Agosto, 2019Setembro 2nd, 2019Sin comentarios

É unha das carreiras máis esperadas do verán pola súa beleza. Percorre a distancia que separa Ribadeo de Rinlo, en dirección ás Catedrais, aproximadamente 8,7 kilómetros nunha ruta practicamente solitaria, sen edificios, completamente natural, salpicada de calas e do run run do mar batindo nos acantilados ribadenses. Os corredores semellan lucérnagas, porque case todos portan lanternas nos seus cascos dada a escasa iluminación.

A cita será o 24 de agosto e as inscricións poden formalizarse na web www.championchipnorte.com. A carreira xa va pola súa terceira edición.